“O soño de xuntar as esquerdas non é novo en España” – Antón Luaces

19 Febreiro 2026

O deputado-portavoz de ERC, Gabriel Rufián, deu un primeiro paso para unir os partidos situados á esquerda do PSOE.

Unhas 500 persoas -a maioría curiosas por coñecer unha probable oferta de unidade das esquerdas á esquerda do PSOE, dado o pegamento interesado das forzas da dereita española- congregáronse este mércores en Madrid para asistir en directo á que se supuña ía ser a colocación da primeira pedra dunha esquerda cada vez máis definida na vella e tantas veces rompida España.

Moitos calaron, uns poucos falaron; pero a memoria só traía a min as verbas dun vello amjgo de José Mujica: “Se nos poñemos a discutir sobre as cousas que vemos diferente, imos pasarnos a vida discutindo. Se traballamos no que estamos de acordo, pasarémonos a vida traballando”.

As catro forzas que integran o espazo Sumar presentes no Goberno oficializarán a súa vontade de concorrer xuntas ás probables xerais cun proxecto renovado  e aberto a máis aliados, abríndose a conversa ao tempo que se removían inercias; pero non houbo un paso decidido cara adiante. Por este motivo nada se pode dicir sobre como está cada un dos partidos chamados á conformación dun novo grupo político que vigorice a esquerda nun momento indeterminado no que Podemos garda silencio e o BNG e outras forzas nacionalistas manteñen a súa consideración de seren autoorganizacións centrais no eido electoral.

O que se impuxo foi un compás de espera cara a formación dunha fronte ampla que permita que se chegue a un reparto por provincias para que, en cada circunscrición, se estableza un reparto po provincia para que en cada circunscrición concorra a forza con maior arraigamento.

Polo tanto, cautela e axitar o taboleiro que leva meses encolleito, mais evitando compromisos prematuros.

Unidas Podemos, en 2016, ou a proposta Sumar en 2023, foron candidaturas amplas de esquerda cun resultado só parcialmente satisfactorio, cuxo alcance non debe ser obxectivo nas vindeiras eleccións xerais.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.