O vehículo VIDOC da Policía Nacional visita Outes este martes 10 de febreiro

09 Febreiro 2026

O vehículo VIDOC da Policía Nacional estará este 10 de febreiro no concello de Outes, en horario de 9.00 a 12.30 horas, co obxectivo de facilitar a renovación do DNI/pasaporte e evitar que a veciñanza teña que trasladarse ás oficinas da Policía Nacional máis próximas ao concello. O vehículo VIDOC fará 8 visitas a Outes ao longo do ano 2026. A primeira destas datas será o vindeiro 10 de febreiro.

Os Vehículos Integrais de Documentación da Policía Nacional (VIDOC) están a percorrer 27 concellos coruñeses que carecen de comisaría, ademais do Centro Penitenciario de Teixeiro, para prestar servizos de documentación exclusivos delas, como a renovación e expedición dos DNI e dos pasaportes.
Grazas a estas unidades móbiles as persoas que pidan cita neste servizo poderán ter listo calquera dos dous documentos en apenas dez minutos, mellorando tamén os tempos de resposta das anteriores unidades, que precisaban de tres días para a xestión: un día para a pegada dactilar, outro para a impresión nunha comisaría e un terceiro para a entrega.

Estes novos vehículos, que forman parte do Plan de Identidade Dixital da Dirección Xeral da Policía Nacional financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, teñen capacidade para actualizar os certificados dixitais do DNI, xa que contan cun Punto de Actualización de Documentación (PAD).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.