O PSOE de Rianxo e o Concello reforzan o diálogo para avanzar en seguridade

13 Febreiro 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o voceiro socialista local, Óscar Rial, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo en materia de
seguridade
na compaña do xefe da Policía Local, Rafael Romero, nun encontro construtivo no que se abordaron cuestións que preocupan á veciñanza e se trasladaron diversas propostas de mellora.

A respecto desta xuntanza, o PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que agradece o ton respectuoso do encontro, “que permitiu, tras varios meses, abrir un espazo de diálogo directo sobre un ámbito prioritario como é a seguridade cidadá”, explicou Óscar Rial, engadindo que “consideramos que o diálogo debe ser a base para construír solucións eficaces e confiamos en que esta reunión sexa a primeira dunha dinámica de traballo máis frecuente e planificada no tempo”.

O PSdG recoñece tamén “o labor que desenvolve a Policía Local dentro das súas posibilidades e medios”, e trasladoulle unha serie de preocupacións e propostas concretas:

-Maior presenza policial no rural.

-Incremento da vixilancia en zonas de ocio infantil e espazos públicos concorridos.

-Reforzo da proximidade cos veciños e veciñas, potenciando o labor preventivo.

-Atención específica aos estacionamentos municipais.

-Actuación firme contra o tráfico de drogas e intervención urxente nas zonas infantís, veciñais e espazos públicos onde se están producindo estas situacións.

En relación co semáforo do cruce de Muiños e ante a postura da Xunta (que considera considera correcta a configuración actual), os socialistas solicitan un documento técnico oficial que avale esta decisión e que se informe con claridade á veciñanza, “evitando dúbidas ou falsas expectativas sobre posíbeis modificacións”.

Ademais, indicou Óscar Rial, “pedimos que se traballe nun sistema de minoración da velocidade en Campos de Pazo para reforzar a seguridade viaria, e tamén trasladamos a nosa preocupación polos accidentes rexistrados na AG-11”. A este respecto, o PSdG, ante a previsión de que en marzo se proceda á renovación do firme en toda a vía AG-11, incluído o tramo de Rianxo, o grupo socialista expresou a súa confianza en que se corrixan as causas que puideron estar detrás dos sinistros e mellore as condicións de seguridade. “Desde o grupo socialista seguiremos vixiantes do cumprimento destas solicitudes, porque a seguridade da nosa veciñanza debe ser unha prioridade constante. Con comunicación, coordinación e vontade política é como se constrúe un mellor funcionamento municipal, e é nese camiño no que queremos seguir avanzando”, indicou Óscar Rial.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.