O PSdeG aproba a proposta para a adquisición de Cerqueira pero critica a xestión da alcaldesa

24 Febreiro 2026

O portavoz socialista no Concello de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, defendeu no pleno da Corporación deste 23 de febreiro o voto favorábel do PSdeG á proposta para a adquisición de Cerqueira, pero acusou á alcaldesa de “construír un falso relato político e de actuar con inacción na tramitación efectiva do expediente”.

O voceiro socialista criticou á rexedora polas declaracións nas que dixo “que non había nada xestionado”, e sostivo que “esa versión queda desmontada pola tramitación previa realizada durante o anterior goberno”. Segundo dixo, “para facer posíbel a adquisición era necesario modificar o PSTD, precisamente porque os fondos europeos solicitados inicialmente polo PP estaban previstos para outra finalidade”, lembrando no pleno que “non era a intención do PP adquirir Cerqueira a través de fondos europeos”. Suárez-Puerta recordou que “esa modificación foi aprobada en xullo de 2025”, co PP na oposición e co tripartito gobernando Ribeira, e engadiu que “o prezo pactado coa parte vendedora xa quedara fixado en 500.000 euros, cunha rebaixa de 200.000 euros respecto das cantidades iniciais, nunha negociación iniciada o 19 de decembro de 2023”.

O PSdeG dixo ademais “que o expediente xa contaba cunha tramitación administrativa ampla e avanzada, con solicitude e recepción de notas simples, incoación de expedientes, valoración do inmóbel, certificacións catastrais, achega de documentación para a desafectación do dominio público, informes de Secretaría e DACI emitidas por distintos departamentos municipais”. O portavoz socialista tamén salientou a sinatura dun protocolo de actuacións na propia nave de Cerqueira, coa presenza do secretario xeral e da parte vendedora, e respondeu ás descualificacións do PP afirmando: “Imaxino que ambos son contrarios o PP, porque senón non ten ningún sentido que se prestaran a acudir ese día”. Fronte a ese traballo previo, o PSdeG considera que “o actual goberno non achegou novidades substanciais nin no expediente nin no prezo, xa que este goberno non negociou nada”.

Para os socialistas, a proposta levada a pleno “non incorporaba cambios de fondo”, porque, dixo, “a necesidade de autorización plenaria xa figuraba nos informes de Secretaría previos á moción de censura, polo que a situación se resume nunha idea clara: nada novo”.

Insistiu en que a votación podería terse producido antes “porque o expediente está basicamente igual e o prezo xa estaba acordado”. E engadiu: “Podemos votar agora, podíamos votar o mes pasado ou podemos votar o mes que vén mentres se cumpran os prazos dos fondos”.

O PSdeG votou a favor por, segundo comentou Suárez-Puerta, “coherencia co traballo desenvolvido desde o inicio para habilitar os fondos e facer posíbel a compra de Cerqueira”, e esixiu ao Executivo local que “abandone a propaganda e avance nas tramitacións pendentes”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.