O produto de quilómetro cero e a cociña con estrela Michelin marcan a segunda xornada da Deputación da Coruña en HIP

17 Febreiro 2026

«As propostas que traemos a este evento combinan a excelencia dos nosos produtos co talento e a capacidade creativa dos nosos profesionais, amosando a forza da cadea de valor enogastronómica da provincia», enfatiza o vicepresidente, Xosé Regueira

A Deputación despedirase o mércores deste evento, no cal participa por vez primeira, ofrecendo as propostas do restaurante coruñés Miga e exaltando produtos das comarcas de Arzúa, O Barbanza ou Compostela.

A Coruña, 17 de febreiro de 2026. A Deputación da Coruña desenvolveu este martes a segunda xornada da súa participación en HIP–Horeca Professional Expo cunha nova mostra da capacidade creativa da cociña atlántica e da fortaleza da cadea de valor enogastronómica da provincia. O posto da institución, co lema ‘A paisaxe que sabe’, volveu rexistrar unha grande afluencia de público profesional interesado nas demostracións culinarias, presentacións de produto e talleres de harmonías programados ao longo da xornada.

O protagonismo recaeu este martes no restaurante con estrela Michelin As Garzas, de Malpica de Bergantiños. Os seus responsábeis, Eva Fares e Xurxo Agrasar, ofreceron dous showcookings ao mediodía e primeira hora da tarde onde elaboraron porro confitado con salsa holandesa afumada e chícharo bágoa de Coristanco con pilpil de algas.

Ambas as dúas propostas condensan «a reinterpretación contemporánea do produto de proximidade e da tradición culinaria galega», destaca o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. O tamén deputado de Turismo e Promoción Económica salienta que as propostas que a institución levou a HIP «combinan a excelencia dos nosos produtos co talento e a capacidade creativa dos nosos profesionais, amosando a forza da cadea de valor enogastronómica da provincia».

O programa de hoxe comezou co almorzo con galletas Martietas de Fío (Bergondo), seguido da presentación e degustación de Empanadas Ternura (A Coruña) e do xudión con nécora de Laxe elaborado por La Despensa D’Lujo (Coristanco).

Ao mediodía e primeira hora da tarde tiveron lugar os dous showcookings do restaurante As Garzas, intercalados cun taller de harmonías de Alejandro Paadín centrado nos viños da IXP Barbanza e Iria e acompañado de conservas de A Conserveira (Ribeira). A xornada completouse con novas degustacións, como as navallas ao alliño maridadas con Vermut Lodeiros (Santiago de Compostela) e o lacón asado de porco celta de Cien por Cel, tamén da capital galega.

Avance da terceira xornada

A programación da Deputación da Coruña en HIP continuará mañá mércores, día 18, mantendo o esquema que combina almorzos, presentacións de produto, showcookings e harmonías. A xornada abrirá ás 11:00 coas Martietas de Fío; ás 12:00, Empanadas Ternura; ás 13:00 repetirase a proposta de xudión con nécora de Laxe.

Ás 14:00 e ás 16:00 será a quenda do restaurante Miga, da Coruña, coa demostración culinaria a cargo do cociñeiro Adrián Felípez. O chef elaborará terrina de cacheira de porco celta con guiso de grelos e caldo de cocido, así como albacora curada en auga de mar, sopa de xunco mariño e folla de ostra.

Entre ambas sesións, ás 15:00, desenvolverase un taller de harmonías conducido por Alejandro Paadín, centrado nesta ocasión nos viños da subzona Ribeiras Coruñesas do Ulla da D. O. Rías Baixas, acompañados de queixo Galmesán e patacas fritidas Bonilla a la Vista.

A despedida de HIP será ás 17:00 coa presentación e degustación de mexillón afumado da Conserveira, maridado con Vermut Lodeiros.

Outros artigos

“Becerreá”. Xulio Xiz

Neste país que vai para vello porque cara aló imos boa parte dos habitantes, para un pobo contar cunha residencia de maiores provoca a mesma ansia ca a que en tempos se experimentaba coa construción de colexios. Polo avance do calendario, cada ano precisamos maior...

+

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.