O novo “Caderno Cultural” centrado nos Entroidos de Boiro preséntase este xoves no Centro Social

17 Febreiro 2026

O Centro Social de Boiro acollerá este xoves 19 de febreiro a presentación do Caderno Cultural centrado nos entroidos tradicionais do concello. A cita será ás 21.00 horas no Centro Social. Trátase dunha nova edición dos Cadernos Culturais, achegados polo Concello (coa colaboración da veciñanza e dos seus testemuños directos) baixo o epígrafe Memoria do pobo.

Como de costume, a publicación poderá conseguirse de xeito gratuíto nos Centros Sociais municipais.

Este número constitúe unha nova etapa dos Cadernos Culturais, editados polo Concello de Boiro dende 1991. Baixo o epígrafe Memoria do pobo, céntranse en recoller e catalogar fitos sociais da veciñanza, das persoas do cotiá, entendendo que a memoria como a cultura, tamén é cousa da cidadanía.

O novo volume é un percorrido polos Entroidos das parroquias, poñendo o foco (en parte) nas tradicionais cerimonias de queima/enterro de personaxes (O Farruco, A Cunca, O Óso, O Felipiño).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.