O martes comeza en Rianxo un curso de IA ao servizo da veciñanza

20 Febreiro 2026

O Auditorio de Rianxo acolle a partir da semana, do mates 24 de febreiro ao 11 de marzo, un curso formativo sobre as utilidades e posibilidades da intelixencia artificial (IA) ao servizo de veciñanza e dende unha óptica segura, consciente, ética e responsábel.

O curso desenvolverase de martes a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Desenvolverase no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo baixo o epígrafe Destrezas dixitais: subindo ao tren da IA.

Por contidos, tocaranse temas como a intelixencia artificial (coñece a un novo aliado), a IA para a procura de emprego, a ciberseguridade práctica (blindando a nosa vida dixital), a IA como unha nova linguaxe e como dominar a IA para multiplicar o noso contido e minimizar esforzos.

A cita vén da man da Xunta, o Goberno e o Concello, e será impartida por ARA Formación.

Máis información e inscricións no 645 440 959 ou no 659 799 037.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.