Mar reúnese coa confraría de Portosín no marco da escoita activa co sector

03 Febreiro 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este martes unha reunión co patrón maior da confraría de pescadores de Portosín, no marco da rolda de contactos que as distintas áreas da Consellería do Mar están a desenvolver cos axentes socioeconómicos do sector marítimo-pesqueiro.

Durante o encontro, Rosón reiterou o compromiso da Xunta de Galicia co sector e subliñou a importancia da promoción e da posta en valor dos produtos do mar galegos como eixo clave para o seu desenvolvemento.

A xuntanza serviu, así mesmo, para dar continuidade á estratexia da Administración autonómica orientada a reforzar a cooperación cos pósitos, co obxectivo de impulsar de maneira conxunta un sector sostible, competitivo e con futuro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.