O Lab Barbanza reúne aos seus coworkers para trazar accións conxuntas

19 Febreiro 2026

O coworking de Boiro -Lab Barbanza– acollía onte mércores, 18 de febreiro, un encontro entre o alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, e os coworkers do espazo. Esta xornada serviu para dar a benvida ás novas incorporacións ao Lab Barbanza e planificar as accións a desenvolver durante o ano 2026.

Na xuntanza presentáronse os dous novos proxectos emprendedores que están a desenvolver a súa actividade no Lab Barbanza, trátase dunha empresa de elaboración de aceite de oliva artesanal e outra que presta soporte administrativo para empresas e autónomos.

Asemade, aproveitouse para pór en común a actividade que están a desenvolver os outros coworkers e crear posíbeis sinerxías entre persoas usuarias do espazo e levar a cabo actividades e proxectos en común.

Alén disto, planificáronse actividades de dinamización e promoción do espazo para este ano 2026 eque contan coa colaboración dos proxectos emprendedores albergados no espazo. “Cada vez máis este centro estase a converter nun lugar de referencia para o emprego e o emprendemento e queremos seguir desenvolvendo propostas e actividades que contribúan á xeración de emprego”, afirmou o alcalde.

O espazo coworking Lab Barbanza do Concello de Boiro forma parte da Rede de Espazos de traballo colaborativo da Deputación da Coruña. Atópase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, no Polígono de Espiñeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira esixe máis seguridade tras o grave suceso no porto

O PSOE de Ribeira esixiu ao Concello a adopción de medidas “urxentes e contundentes” en materia de seguridade tras o grave suceso rexistrado no porto de Ribeira, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira, nun caso que os socialistas cualifican de “moi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.