O Consorcio e a USC presentan un libro que reivindica o teatro universitario compostelán no tardofranquismo

24 Febreiro 2026

O Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentaron este martes 24 de febreiro no Museo do Pobo Galego o libro “Lembranzas a escena. Un labor teatral (Santiago de Compostela, 1958-1967)”, obra de Ezequiel Méndez Vidal.

No acto participaron a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín Rei; o reitor da USC, Antonio López Díaz; a presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada Vázquez; o xerente do Consorcio, José Antonio Domínguez Varela; así como os responsables de publicacións da USC e do Consorcio, Juan Blanco Valdés e Juan Conde Roa. O historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez leu un texto remitido polo autor para a ocasión. Tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.

Memoria cultural nun tempo de restricións

A obra recolle as detalladas memorias do intenso labor de interpretación e dirección teatral desenvolvido por Méndez Vidal no ámbito universitario compostelán entre 1958 e 1967, nun contexto marcado polas limitacións políticas do tardofranquismo. Naqueles anos, calquera actividade cultural que excedese os estreitos marxes da ditadura era observada con desconfianza e, en ocasións, cualificada de “subversiva”.

O libro pretende render homenaxe ao compromiso dunha xeración que, a través do teatro universitario, o Cine Club Universitario ou o proxecto audiovisual Equipo 64, contribuíu a construír espazos de liberdade cultural en tempos complexos.

Entre os episodios que rememora destaca a estrea en Galicia de “Os vellos non deben namorarse”, de Castelao, representada na Praza da Quintana o 25 de xullo de 1961, na que o propio autor participou no papel do boticario Saturio.

Un retrato do dinamismo compostelán

Durante a presentación, Goretti Sanmartín salientou que a publicación permite coñecer o dinamismo cultural do Santiago universitario da época e recuperar un período no que o compromiso cívico e a creación artística floreceron malia as restricións. A obra documenta tamén a presenza de figuras como Benito Varela Jácome, Avelino Abuín de Tembra ou Pilar Pereira, e lembra fitos fundamentais da vida cultural compostelá.

Licenciado en Filosofía e Letras pola USC, Méndez Vidal fundou en 1961 o Cine Club Universitario e desenvolveu unha longa traxectoria como crítico cinematográfico en xornais como La Noche e El Correo Gallego, dirixidos daquela por Raimundo García Domínguez, Borobó. Posteriormente, ocupou cargos de responsabilidade en editoriais como Fondo de Cultura Económica, Alianza Editorial ou no Instituto Cervantes.

Dende 2007 reside en Madrid, onde goza da xubilación. En 2024 foi nomeado Fillo Predilecto polo Concello de Santiago de Compostela, recoñecemento que subliña a pegada cultural dun autor que agora ve recollida en libro a memoria dun tempo clave para o teatro universitario galego.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.