O Concurso de Comparsas do Entroido 2026 en Muros repartirá máis de 3.500 euros en premios

05 Febreiro 2026

A Concellería de Cultura do Concello de Muros publicou as bases reguladoras e a convocatoria do Concurso de Comparsas do Entroido 2026, unha das citas máis destacadas da programación do Entroido municipal. O concurso celebrarase o domingo 15 de febreiro de 2026 e repartirá máis de 3.500 euros en premios, con categorías para disfraces individuais, grupos, comparsas, carrozas e murgas/coplas.

A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, animou á veciñanza a sumarse ao certame e destacou que “o concurso de comparsas é un dos
momentos máis esperados do Entroido, unha festa feita para participar, crear e compartir”. “Convidamos a toda a veciñanza, asociacións e grupos
de amigos e amigas a participar e a encher as rúas de imaxinación e humor”, sinalou.

Inscricións

O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas. Poderán participar entidades, grupos non constituídos legalmente e persoas a título individual. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Muros, a través da sede electrónica municipal ou polos medios previstos na normativa vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.