O Concello e a comunidade educativa da Pobra xuntan forzas para homenaxear a Rosalía de Castro

23 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal e 140 alumnos e alumnas dos centros de ensinanza do termo municipal xuntaron forzas na mañá deste luns 23 de febreiro para homenaxear a Rosalía de Castro.

Fixérono coincidindo co día da autora e no que se conmemora o aniversario do seu nacemento. O acto estivo presidido polo alcalde, José Carlos Vidal, pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo e contou coa asistencia dos edís Amparo Cerecedo e Eloy Sobrido. Con esta actividade, o Concello buscou achegar a figura da escritora ás novas xeracións. A cita incluíu unha actuación a cargo do grupo Xiada e un recital de poesía do alumnado de primaria.

Ademais da lectura por parte dos rapaces e rapazas do CEP Plurilingüe Pilar Maestú Sierra e de 4º do CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras, levouse a cabo unha ofrenda foral e fíxose o reparto do Caldo de Groria, para que todas as persoas participantes puideran degustalo.  

Ademais da comunidade educativa, a programación polo Día de Rosalía de Castro buscou tamén implicar ao comercio. Así, ata o 27 de febreiro os escaparates de diferentes establecementos do municipio terán exposta a silueta recortada coa forma de Galicia co rostro da intelectual no seu interior. Neste caso, o alumnado de Educación Primaria é localizar sete versións diferentes da imaxe, xa que presenta pequenas variacións.

Como peche da actividade, o día 6 de marzo celebrarase un sorteo de varios agasallos nos colexios participantes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.