O Concello de Rois abre ata o luns 16 de marzo a inscrición no campamento de conciliación DiverPascua

26 Febreiro 2026

As familias de Rois con cativada en idade escolar poden anotarse xa no DiverPascua, o campamento organizado polo Concello para favorecer a conciliación durante as vacacións de Semana Santa cun programa de actividades educativas e de lecer adaptadas ás diferentes idades.

O campamento terá lugar en Rois e en Urdilde os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, en horario de 9.30 a 14.30 horas. Ademais, as familias que o precisen poderán facer uso do servizo de amencer, dispoñible dende as 7.30 horas.

O custo da actividade é de 18 euros no horario ordinario e de 19,5 euros con servizo de amencer. Están previstas bonificacións no prezo para familias numerosas, monoparentais e no caso de inscrición de irmáns.

As inscricións deben realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web municipal. O prazo permanecerá aberto ata o luns 16 de marzo.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Rois no edificio multiúsos (981 816 061) ou enviando un correo a inscricions@rois.gal.

O DiverPascua fai parte da programación municipal de conciliación que se desenvolve ao longo de todo o ano e que inclúe tamén o DiverVerán, o DiverNadal e o DiverEntroido, ofrecendo alternativas de ocio educativo nos distintos períodos non lectivos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.