O Concello de Ribeira licita o servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades

07 Febreiro 2026

O Concello de Ribeira vén de abrir o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades, co obxectivo de garantir a seguridade, a saúde laboral e unha adecuada prevención de riscos no conxunto dos postos de traballo municipais. O contrato conta cun orzamento total de licitación de 125.356,40 euros, dos cales 116.603,60 euros corresponden á base impoñíbel e 8.752,80 euros ao IVE (21%).

O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, sinalou que con este proceso aberto reafírmase “o compromiso que adquirimos cos traballadores cando entramos no goberno; que teñan unha asistencia de calidade e con todas as garantías no desenvolvemento dos seus postos de traballo. Dáse así resposta a unha demanda do persoal ante un servizo que levaba anos en precario. Foi unha das nosas esixencias cando redactamos o orzamento do 2025 en materia de persoal”, afirmou Sampedro.

A empresa adxudicataria será a encargada de prestar as actividades propias dun Servizo de Prevención Allea, incluíndo as especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, así como Medicina do Traballo e Vixilancia da Saúde. O ámbito do contrato estenderase á totalidade dos postos de traballo do Concello de Ribeira, así como ás súas instalacións e dependencias.

Do mesmo xeito, incluirá os novos postos, instalacións e dependencias municipais que se dean de alta durante a vixencia do contrato, así como aqueles servizos que o Concello poida precisar con carácter extraordinario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.