O Concello de Boiro saca a licitación a construción dunha vivenda modular para destinar a emerxencia social

19 Febreiro 2026

O Concello de Boiro saca a licitación a construción dunha vivenda modular de emerxencia social por importe de 39.200 euros. Esta adquisición está financiada pola Deputación da Coruña mediante o POS+ para gastos sociais extraordinarios.

A actuación consiste na implantación dunha vivenda desmontábel de pequeno tamaño que se instalará nunha parcela municipal en Espiñeira. Trátase dunha vivenda de pequenas dimensións que poida prestar servizo de aloxamento puntual a unha persoa ou unha familia en período breve ata atopar un aloxamento adecuado.

Con isto preténdese ofrecer unha alternativa habitacional de xeito temporal en situacións excepcionais de urxencia ou emerxencia de carácter social ou en conflitos convivenciais que poidan poñer en perigo a integridade física ou emocional dalgúns membros da unidade de convivencia.

O Concello de Boiro continúa habilitando ferramentas para situacións de emerxencia sobrevidas, como xa se fixo coa rehabilitación dunha vivenda unifamiliar dos mestres de Praia Xardín.

Fachada exterior do Concello de Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.