
O Centro Social de Boiro acolleu este xoves 19 de febreiro a presentación do volume 15ª do Caderno Cultural de Boiro centrado nos Entroidos populares. Esta publicación documenta os entroidos urbanos recentes, o Entroido da Boliña, o enterro da Cunca e as Abadesas.
A concelleira de cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con representantes das entidades que organizan as distintas actividades.
Explicou que o volume recolle información sobre o entroido da Boliña, que xurdiu no ano 2008 impulsado por un grupo de veciños que quixeron recuperar as festas da aldea, especialmente as do verán, e comezaron tamén a celebrar o entroido e o magosto.
Tamén documenta o enterro da Cunca, que leva a celebrarse 13 anos que evoca aos enterros tradicionais que se celebran noutros puntos do municipio. Tamén fai 16 anos xurdiu por un grupo impulsar as Abadesas, outra das festividades do entroido que recolle este caderno.
Explicaron que “así como Ourense converteu nos últimos anos o Entroido tradicional nun fito importante na nosa cultura que vén de ser recoñecido como ben de Interese Cultural, Boiro conta tamén con varias citas que datan con anos de historia como o enterro do Óso de Abanqueiro, o Farruco en Cabo de Cruz ou o Felipiño de Escarabote; xunto con outros máis recentes pero que tamén conforman citas importantes no entroido boirense”.
Os cadernos culturais comezaron a editarse no ano 1991 co obxectivo de documentar a memoria de Boiro e o historiador Antón Gallardo recuperounos no ano 2005.
Esta publicación, xunto coas tres anteriores, pretende poñer en valor os entroidos tradicionais como fitos importantes do calendario cultural anual do concello boirense.



