O Concello da Pobra impulsará unha nova rede de saneamento no núcleo rural de Ouxo

25 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal sacou a licitación o proxecto para instalar o saneamento no núcleo de Ouxo, na parroquia de Posmarcos. O proxecto ten un valor estimado de contrato de 123.341,50 euros e, unha vez comecen, contarán cun prazo de execución de tres meses.

A concelleira de Obras, Patricia Lojo, destacou que esta intervención permitirá continuar coa folla de ruta do goberno local “para mellorar os servizos dos veciños e veciñas, neste caso, coa dotación de saneamento nos puntos do municipio que aínda carecen del”. A edil subliña que se trata dun investimento clave para reforzar as infraestruturas básicas no rural e avanzar na igualdade de servizos en todo o termo municipal.

O proxecto contempla a instalación dun colector de saneamento de PVC que recollerá as augas residuais da totalidade das vivendas situadas no núcleo de Ouxo, conectando a nova rede coa canalización existente no núcleo da Ribeiriña.

Para a execución das obras será necesario proceder á demolición do pavimento de aglomerado asfáltico para a apertura das correspondentes gabias (zanxas), así como á escavación en terreos compactos e en rocha. Posteriormente realizarase o selado das gabias e a reposición integral do pavimento, garantindo a correcta restauración do firme e a seguridade viaria.

Esta actuación permitirá dotar ao núcleo dunha infraestrutura moderna e eficiente, mellorando a calidade de vida da veciñanza e contribuíndo á correcta xestión das augas residuais, en liña co compromiso municipal coa sustentabilidade e a mellora continua dos servizos públicos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.