O Centro Dramático Galego leva a Rianxo este mércores “Memorias dun neno labrego”

16 Febreiro 2026

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este mércores 18 de febreiro a representación da versión teatral argallada polo Centro Dramático Galego, con texto e dirección de Cándido Pazó, da novela Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Será este mércores 18 ás 20.30 horas. Trátase dunha cita para todos os públicos de 105 minutos de duración, con entrada de balde ata completar a capacidade (retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función, cun máximo de 2 por persoa)

Memorias dun neno labrego é un espectáculo baseado na obra emblemática de Xosé Neira Vilas. Dirixido por Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego recupera a figura de Balbino, un personaxe clave da literatura galega contemporánea, para levar á escena unha serie de lembranzas que forman parte da memoria colectiva dunha Galicia rural marcada polo traballo, os silencios, as inxustizas sociais e os soños truncados. A montaxe, producida polo Centro Dramático Galego e Contraproducións, conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos, e combina emoción, humor e unha relación directa co público para achegar esta historia a novas xeracións.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.