O CEIP Campanario de Baroña e o CEP Brea Segade de Taragoña, recoñecidos nos Premios Innovagal

02 Febreiro 2026

O CEIP Plurilingüe Campanario de Baroña (Porto do Son) e o CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña (Rianxo) veñen de ser recoñecidos co Primeiro e o Terceiro Premio Innovagal da Consellería de Educación, respectivamente, galardóns que poñen en valor a creatividade e o talento innovador do seu alumnado e que serán comunicados en breve, oficialmente, pola Xunta de Galicia.

O primeiro premio, que distingue á comunidade escolar e docente do CEIP de Baroña, está dotado con 10.000 euros e o terceiro, o que vai dar ao CEP Brea Segade, con 3.000 euros.

Estes galardóns recoñecen o compromiso dos nosos centros escolares coa innovación e as boas prácticas en educación, impulsando o desenvolvemento de novas propostas educativas e fomentando a creación dunha rede de colaboración para fomentar a formación continua do profesorado. Ademais, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP pretende poñer en valor o papel da comunidade educativa como motor de transformación social.

Segundo informou o propio centro de Baroña nas redes sociais, “as nosas nenas e nenos son os verdadeiros protagonistas deste logro: persoas creativas, solidarias, curiosas e comprometidas, que cada día demostran que aprender tamén é colaborar, respectar e soñar en grande”.

Este premio, engaden, “reflicte o traballo das nosas nenas e nenos, a súa implicación e as ganas de mellorar, acompañados sempre polo profesorado e co apoio incondicional das familias e da Comunidade de Montes de Baroña que cada día apostan por unha educación innovadora nunha escola rural”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.