O BNG leva ao Congreso o illamento da Barbanza tras o corte da liña ferroviaria

23 Febreiro 2026

Dende o pasado 6 de febreiro Renfe cortou o tramo da vía de ferrocarril convencional entre Santiago e Vilagarcía, o que ocasionou que os viaxeiros e viaxeiras das estacións de Catoira, Matanza, Pontecesures e Osebe, fiquen sen tren afectando potencialmente a esas persoas que usan o tren para traballar ou estudar, deixando unha vez máis, ás comarcas do Sar e do Barbanza.

Dende o BNG cuestionan que o peche da liña sexa a única resposta ante os episodios de fortes chuvias e reclaman mellores tarefas de inspección e mantemento por parte de Renfe e Adif para garantir a seguridade sen interromper o servizo. Tamén critican “a deficiente organización do transporte alternativo por estrada, con atrasos e supresións, así como a falta de información clara por parte de Renfe, que mesmo continuou vendendo billetes de tren cando o servizo estaba cancelado”.

Deste xeito, o deputado no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, formulou unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno relativa a este problema para axilizar a apertura desta liña con todas as garantías.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.