O BNG di que a sanidade pública na comarca de Muros-Noia atópase nunha situación “inadmisíbel”

02 Febreiro 2026

O Bloque Nacionalista Galego denunciou no PAC de Noia “a grave situación” que sofre a sanidade pública na comarca de Muros-Noia, froito, sostivo o BNG, “do desmantelamento progresivo provocado polas políticas do Partido Popular”.

No encontro participaron os portavoces e alcaldes do BNG dos concellos da comarca xunto con Rosana Pérez, deputada comarcal, e Iria Carreira, médica e deputada do BNG no Parlamento Galego.

Durante a comparecencia sinalaron que o servizo sufre de “graves carencias” a pobrense Rosana Pérez subliñou que “esta situación non se produciu da noite para a mañá, senón que é consecuencia do desleixo continuado do Partido Popular, que prioriza o investimento na sanidade privada en lugar de reforzar o sistema público”.

Pérez criticou que o servizo “conte cunha soa ambulancia medicalizada para unha comarca de máis de 50.000 habitantes”, así como “o deficiente estado físico dos centros de saúde e a saturación dos ambulatorios e como no caso do PAC de Noia, que atende a todas as urxencias da zona”.

Pola súa banda, Iria Carreira advertiu que a Xunta “non pode continuar freando ante esta sangría de facultativos e baixas sen cubrir, cun malestar
xeneralizado dun persoal que non pode máis”.

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego na que reclama “o avance inmediato na construción dos dous centros de saúde prometidos en Noia e Porto do Son, a dotación de cando menos unha ambulancia medicalizada máis para a comarca, a mellora das infraestruturas dos centros de saúde e o restablecemento dos horarios completos dos PAC”.

Os nacionalistas agardan que “a Consellería de Sanidade reaccione ante a crecente contestación social e comece a dar resposta ás grandes eivas do
sistema sanitario actual”. E engaden: “Esixímoslle á Consellería de Sanidade que cubra de xeito inmediato e estábel o 100% do persoal facultativo dos centros de saúde de Mazaricos, Outes, Muros, Noia, Lousame e Porto do Son. Así mesmo, deben repoñer os servizos de matrona, pediatría, fisioterapia e odontoloxía, cuxos horarios foron reducidos progresivamente”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.