O BNG denuncia o abandono da planta de Servia

27 Febreiro 2026

O BNG denunciou este venres “o deterioro planificado” ao que as Presidencias da Mancomunidade Serra do Barbanza e o Goberno galego “someteron” durante aos últimos anos á planta de Servia, en Lousame, e ao seu modelo de reciclaxe. “Estamos falando dunhas instalacións que no seu día foron un exemplo de excelencia no conxunto do Estado e que, tras anos de abandono e falta de investimento, caeron na situación límite na que se atopan actualmente”, salientan desde a formación.

A representación nacionalista na Mancomunidade enumerou “as continuas apelacións que fixeron desde o grupo para dar a volta a esta situación”, destacando a necesidade dun plan coa participación das distintas institucións para renovar un modelo e unha planta que no seu día foi, nas súas palabras, “un faro da reciclaxe”.

“Agora que xa conseguiron tombar a Servia, por fin se deciden a aprobar os orzamentos, algo que as distintas presidencias pasaron por alto durante anos, mais seguen esquecendo ao persoal, que se atopa na súa situación máis incerta desde comezou a funcionar o modelo”, destacan.

“Fixeron caer Servia para levarnos a SOGAMA, alertaban de que a planta non valía e resulta que agora estase vertendo todo o lixo xunto, sen ningún tipo de separación, a quilómetros e quilómetros de Lousame”, afirman desde o BNG, engadindo que “non se está a cumprir coa normativa comunitaria” e que “a situación e ineficiente e deixa o persoal da planta, máis dun cento de traballadores e traballadoras, sen saber cal é o seu futuro”.

“A planta de Servia é un activo para a Mancomunidade, temos unha instalación cos permisos para operar e podería ser aproveitada para mellorar o modelo de reciclaxe, manter os postos de traballo e ofrecer un servizo máis eficiente e económico para a cidadanía”, afirman, apuntando que “Semella que o que nos queren vender, porque é o máis doado para a presidencia e non require de ningún tipo de valentía, é que o mellor é seguir os designios da Xunta, pechar os ollos ante o incumprimento de SOGAMA, esquecer que existe a planta de Servia, condenar a cidadanía a un servizo deteriorado, aos condutores dos camión mándalos a tirar o lixo o máis lonxe posible de nós, e mandar á rúa ás traballadoras da planta de reciclaxe, onde agora xa non entran residuos”, denuncian.

E conclúen: “Nós non nos resignamos, cremos que Servia ten posibilidades claras para construír futuro, cremos no capital humano do cadro de persoal da planta e da recollida, e cremos nun modelo para a reciclaxe que cumpra coa normativa e co medio ambiente. Por iso non desistiremos, e apostaremos por dotar a Mancomunidade Serra do Barbanza dun novo modelo, adaptado aos novos tempos, que salve os postos de traballo, que sexa eficiente para a cidadanía e que aproveite a planta de Lousame”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...