O BNG denuncia o abandono da estación de autobuses da Pobra do Caramiñal e esixe á Xunta o seu arranxo integral

20 Febreiro 2026

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de lei coa que reclama ao Goberno galego que asuma as súas responsabilidades e acometa o arranxo integral da estación de autobuses da Pobra do Caramiñal, que cualifica de “abandonada” e en “estado deplorábel”.

A iniciativa, presentada pola deputada Rosana Pérez, denuncia a situación de deterioro e falta de servizos destas instalacións, de titularidade autonómica. A estación, inaugurada no ano 2002 cun investimento superior aos 300.000 euros, contaba inicialmente con cafetaría, zona de agarda, catro andéns e catro taquillas de billetes.

Screenshot

Segundo a portavoz municipal do BNG, Amparo Cerecedo, o servizo sufriu un “deterioro progresivo” pola falta de mantemento da Xunta: “Non só non se realizaron melloras, senón que o propio Concello tivo que facerse cargo de tarefas básicas como a limpeza do recinto”, sinalou. Actualmente, o interior do edificio permanece pechado desde hai anos, a cafetaría deixou de funcionar e as persoas usuarias carecen de acceso a servizos básicos, malia estar situada en pleno centro urbano.

Co propósito de reverter esta situación, o BNG presentou unha emenda aos Orzamentos da Xunta para 2026 na que propoñía unha partida de 300.000 euros para a rehabilitación total da estación e a recuperación dos seus servizos, pero a proposta foi rexeitada polo Partido Popular, o que os nacionalistas interpretan como unha mostra de “desinterese pola mellora das infraestruturas públicas”.

Rosana Pérez instou o Executivo galego a “abandonar o desleixo” e asumir a xestión, mantemento, limpeza, iluminación e posta en funcionamento da estación, poñendo todos os espazos e servizos ao dispor da cidadanía.

Pola súa parte, o responsábel comarcal de Galiza Nova, David Casais, aproveitou para denunciar tamén o estado xeral do transporte público na comarca do Barbanza. Reclamou un aumento de liñas que conecten as parroquias rurais e melloren a vertebración da comarca co resto do país. Casais lembrou que no 2024 a organización xuvenil recolleu 2.000 sinaturas para reforzar a conexión ferroviaria e coas provincias veciñas, proposta que —asegura— “foi rexeitada polo PP ao considerar que non era necesaria”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.