O autismo centra unha xornada formativa o día 18 de abril en Rianxo

05 Febreiro 2026

Rianxo acollerá o 18 de abril o evento FormaTEA 2026, a primeira xornada formativa da Asociación de Trastornos do Espectro Autirsta do Barbanza.

O xornada xirará en torno á regulación no autismo e será conducida pola especialista Anabel Cornago.

Desenvolverase baixo o epígrafe A regulación no autismo. Como avanzar seguros e sentíndonos acompañados.

Hai 275 prazas dispoñíbeis para participar na formación e as persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do QR da imaxe.

Anabel Cornago, nai dun neno con autismo, ofrece regularmente charlas onde fala sobre como regular a ansiedade en relación co autismo. É creadora do blog El sonido de la hierba al crecer. Formada en coidados infantís especializados en autismo (Bremer Elterntraining. BET. IFA-Bremen). Desenvolveu programas e materiais de intervención paso a paso co recoñecemento do Institut für Autismusforchung Hans E. Kehrer e.V (Bremen) e da Hochschule de Münster. Autora de dous libros en español e tres en alemán: Manual de Teoría da Mente para nenos con autismo e Manual de xogos para nenos con autismo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.