O Auditorio de Rianxo acolle unha charla sobre o programa Vacacións en Paz

26 Febreiro 2026

O vindeiro martes 3 de marzo, ás 19.30 horas, o Auditorio de Rianxo será escenario dunha charla informativa sobre o programa Vacacións en Paz, unha iniciativa solidaria que promove o acollemento temporal de nenos e nenas saharauís por parte de familias galegas durante os meses de xullo e agosto.

O encontro está organizado pola Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí, entidade encargada de coordinar e xestionar o programa en Galicia, que fai un chamamento á cidadanía para incorporar novas familias de acollida de cara ao vindeiro verán.

Na comarca do Barbanza, o pasado ano participaron no programa un total de 18 nenos e nenas saharauís, unha cifra que a organización agarda poder incrementar nesta nova edición.

Entre os principais obxectivos de Vacacións en Paz figuran evitar as extremas temperaturas que se rexistran nos campamentos de refuxiados durante o verán, facilitar revisións médicas e asistencia sanitaria, garantir unha alimentación equilibrada e saudable, así como sensibilizar á sociedade galega sobre a realidade do pobo saharauí e a necesidade de avanzar cara a unha solución xusta e definitiva para o seu conflito.

A charla está aberta a todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis detalles sobre o programa e sobre o proceso de acollemento.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.