O Auditorio de Muros acolle este sábado o espectáculo familiar “El professor Bromera”

05 Febreiro 2026

A compañía catalá Cía. MeLaBuffa chega a Muros co espectáculo familiar El professor Bromera. A proposta combina monicreques, conto e burbullas nun espectáculo pensado para público infantil e familiar. A función terá lugar este sábado, 7 de febreiro, ás 18.00 horas no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Segundo relata o Concello, El professor Bromera é unha proposta de monicreques e burbullas dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos.

Nun laboratorio cheo de luz e misterio, un científico entrañábel convida a descubrir un mundo invisible onde a auga e o xabón crean formas sorprendentes. A través dun conto con voces e monicreques, o público participa nunha experiencia colectiva chea de imaxinación, xogo e poesía visual.

A concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, destacou que estamos ante “un espectáculo pensado para compartir en familia, que combina diversión e creatividade cunha linguaxe visual moi coidada”. “Dende a Concellería seguimos apostando por achegar propostas de calidade ao público infantil e familiar, favorecendo o acceso á cultura desde as primeiras idades”, engadiu.

A función terá unha duración aproximada de 55 minutos e o prezo da entrada será de 3 euros.

As entradas están dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.