Noia inviste 60.000 euros na mellora do Campo de Fútbol Julio Mato “Matito”

27 Febreiro 2026

O Concello de Noia investiu un total de 60.000 euros na mellora das instalacións do Campo de Fútbol Julio Mato “Matito”, nunha actuación destinada a modernizar o recinto e garantir unha práctica deportiva máis segura, eficiente e acorde ás necesidades actuais de clubs e usuarios.

A intervención máis relevante foi a instalación dunha nova bomba de aerotermia, un sistema enerxeticamente eficiente que permitirá reducir de maneira considerable o consumo eléctrico da instalación. O custo desta actuación ascendeu a 44.000 euros, dos que 11.000 euros foron subvencionados pola Xunta de Galicia a través dunha liña de axudas do INEGA financiada con fondos europeos.

Ademais da renovación do sistema enerxético, executáronse labores de impermeabilización nun dos elementos cubertos do campo co obxectivo de evitar filtracións e mellorar a conservación da infraestrutura. Tamén se solucionaron os problemas detectados no subministro de auga quente nos vestiarios anexos, onde se acometeron diversas reparacións para optimizar o seu estado e funcionalidade.

Por outra banda, levouse a cabo unha limpeza integral das pistas de atletismo, que presentaban unha importante acumulación de sucidade e supoñían un risco para os e as atletas que empregan estas instalacións nos seus adestramentos habituais.

Desde o goberno local destacan que estas actuacións responden ao compromiso municipal coa mellora continua das infraestruturas deportivas, co fin de ofrecer condicións axeitadas para clubs, deportistas e veciñanza en xeral.

Con esta intervención, o Concello confía en que o Campo Julio Mato “Matito” conte desde agora con instalacións máis eficientes, seguras e dignas

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.