Noia inicia un Plan Económico-Financeiro para reforzar a estabilidade económica municipal

25 Febreiro 2026

O Concello de Noia iniciará no exercicio 2026 un Plan Económico-Financeiro co obxectivo de reforzar a estabilidade das contas municipais, tras completar un proceso de revisión e regularización contable que permitiu incorporar facturas pendentes de exercicios anteriores, principalmente correspondentes aos anos 2022, 2023 e 2024.

Segundo informa o goberno local, durante os meses de xullo e agosto de 2025 rexistrouse un volume extraordinario de facturas sen consignación orzamentaria que supera o millón de euros. Esta regularización, orientada a garantir o pagamento aos provedores e a reflectir con transparencia a situación económica real da administración, supuxo a superación da regra de gasto establecida pola normativa vixente para o exercicio 2025.

O actual executivo municipal, constituído tras a moción de censura do pasado 11 de agosto de 2026, puxo en marcha desde o primeiro momento un plan de revisión económica e control do gasto co fin de ordenar a situación financeira e establecer unha base sólida para os vindeiros exercicios.

O concelleiro de Facenda, Manolo Seijas, destacou que “en só catro meses levouse a cabo un intenso traballo de análise e regularización que permitiu coñecer con rigor a realidade económica do Concello. Dende setembro xa se contemplaba a necesidade de acudir a un Plan Económico-Financeiro como ferramenta técnica para garantir o pagamento aos provedores e reforzar a estabilidade financeira”.

Aínda que formalmente o Plan Económico-Financeiro iniciarase no exercicio 2026, o goberno municipal xa adoptou medidas orientadas á redución do gasto corrente, á mellora da planificación orzamentaria e á racionalización da xestión económica.

Desde o Concello subliñan que esta decisión reafirma o compromiso coa transparencia, coa responsabilidade na xestión dos fondos públicos e coa adopción das medidas necesarias para asegurar a sustentabilidade económica da administración local.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.