Noia acollerá este domingo o Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro cun récord histórico de participación

14 Febreiro 2026

O Casino de Noia acolleu esta semana a presentación Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro, que se celebrará este domingo no Pavillón Municipal Agustín Mourís e que contará cunha participación histórica que supera os 1.100 deportistas inscritos.

No acto estiveron presentes a concelleira de Deportes do Concello de Noia, Sandra González, e Chus Blanco, representante da organización, quen destacaron a relevancia desta cita deportiva tanto polo seu nivel competitivo como polo seu carácter accesible e inclusivo.

A concelleira de Deportes salientou o importante crecemento do evento, sinalando que “o número de participantes supón un récord histórico, duplicando as cifras de anteriores convocatorias e consolidando a Noia como unha referencia dentro do calendario deportivo galego”.

Así mesmo, a edil destacou o valor social do ergómetro como “un deporte accesíbel e integrador, capaz de reunir persoas de condicións moi diversas e promover a participación a través do deporte”.

Desde o Concello de Noia convidouse á veciñanza a asistir e desfrutar da xornada, reafirmando ademais o apoio institucional ao Club de Remo Noia polo seu traballo na promoción do deporte e na organización de eventos de relevancia autonómica.

Pola súa banda, Chus Blanco destacou o alto nivel deportivo da competición, indicando que “o campionato contará coa participación de deportistas olímpicos, tanto en activo como históricos, así como coa presenza da práctica totalidade dos clubs de remo de Galicia, convertendo esta cita nun referente dentro do calendario autonómico”.

O Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro reunirá este domingo 15 de febreiro a centos de deportistas e afeccionados nunha xornada que combinará competición, convivencia e promoción de valores como o esforzo, a inclusión e o traballo en equipo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.