Moita troula e máis de 6.200 euros en premios para celebrar o Entroido na Pobra

04 Febreiro 2026

A Pobra do Caramiñal prepárase para vivir con intensidade o Entroido 2026 con actividades festivas, animación na rúa, concursos de disfraces, eventos infantís e moito máis.

Tal e como expuxo durante a presentación da programación a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, “o Entroido é unha das celebracións máis importantes na nosa vila, unha festa que une tradición e participación veciñal a partes iguais”. Por iso, detallou, dende a Concellería de Cultura impulsouse un programa “aberto, participativo e para todas as idades. Pensado especificamente para que pequenos e maiores desfruten destes días e que as rúas do noso municipio se enchan de risas e diversión”.

A programación ao detalle

A programación arrincará o sábado 14 de febreiro con Os Encerellados animando as rúas dende as 12 horas. Xa pola tarde, ás 19.30 horas, será a quenda de Lume, de Troula Animación, que percorrerá as rúas dende o Cantón da Leña ata os Xardíns de Valle-Inclán. A xornada rematará na praza Alcalde Segundo Durán, a partir das 23.00 horas, cunha gran festa de disfraces amenizada pola Disco Móbil Chinhamusic.

O domingo, día 15, será a gran festa infantil de Entroido, con inchábeis, obradoiros, chocolate con churros e un gran concurso para rapaces/as ata 12 anos que repartirá 800 euros en premios. O primeiro clasificado levará 250 euros, o segundo 200, o terceiro 150, o cuarto 125 e o quinto 75. As persoas premiadas deberán participar no desfile do martes e recoller o seu galardón ao finalizar.

O día grande será o Martes de Entroido, 17 de febreiro, cando se celebrará o tradicional desfile de disfraces e carrozas, coa participación das comparsas Samieira, Os da caña, As sonecas e Cor Café. O percorrido comezará na Covecha e rematará na rúa Castelao, no colexio Fernández Varela, onde se levará a cabo o concurso.

Todas as carrozas inscritas recibirán un premio de 200 euros por participar, ata un máximo de sete. No suposto de que o número supere esta cifra, a cantidade prevista repartiríase de maneira proporcional entre elas.

En canto aos premios, na categoría de carrozas repartiranse 1.850 euros: 800 para o primeiro clasificado, 500 para o segundo, 300 para o terceiro e 250 euros para o cuarto. Na categoría de grupos os premios sumarán 1.450 euros, con 500 para o primeiro, 400 para o segundo, 300 para o terceiro e 250 para o cuarto. Para parellas e disfraces individuais destinaranse 775 euros, con premios de 250, 200, 175 e 150 euros.

As inscricións poderán realizarse na casa da cultura Raquel Fernández Soler (981 831 545) ou no correo electrónico culturapobra@gmail.com ata o día do propio desfile antes das 12:00 horas.

O sábado 21 de febreiro será a quenda dos choros no tradicional Enterro do Filipiño, organizado pola veciñanza do Xobre, cunha procesión que sairá dende o campo de Cabío acompañada polo grupo de gaitas Trécola e a charanga Os Encerellados, para rematar coa queima do monicreque no pantalán.

A programación pecharase co Domingo de Piñata, organizado pola veciñanza da Crocha, con música tradicional, unha gran chocolatada e o sorteo de lacóns.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.