Miguel Ángel Iglesias, concelleiro do PSdG en Rianxo, renuncia á súa actividade política

26 Febreiro 2026

O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que informa da renuncia do concelleiro Miguel Ángel Iglesias, que confirmou o abandono da súa actividade política. No comunicado faise saber que estamos ante “unha decisión motivada exclusivamente por razóns persoais, alleas ao funcionamento do grupo e ás súas responsabilidades como concelleiro”.

Engade a agrupación que “durante o tempo que permaneceu no grupo, Miguel seguiu integrado na súa dinámica, pero agora entende que chegou o momento de retirarse da parte máis expositiva do proxecto ao non dispoñer do tempo que este gran proxecto socialista require”.

Desde o PSdeG de Rianxo expresaron o seu “máis sincero agradecemento” a Miguel polo “seu compromiso e dedicación ao servizo da veciñanza durante a súa etapa política”. A súa traxectoria, engaden, demostra un profundo sentido de responsabilidade, implicación e defensa dos intereses de Rianxo.

“O PSOE de Rianxo respecta e apoia totalmente a súa decisión persoal, desexándolle os mellores éxitos na súa vida profesional, convencidos de que seguirá contribuíndo ao benestar da comunidade desde a súa actividade principal”, conclúe a agrupación que dirixe en Rianxo Óscar Rial Lago.

Miguel Ángel Iglesias nunha foto de arquivo do Diario de Arousa

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.