“Memorias dun neno labrego” recala en Noia o 22 de febreiro

20 Febreiro 2026

Chega ao Coliseo Noela unha das obras máis aclamadas de Galicia: Memorias dun neno labrego do Centro Dramático Galego, peza teatral baseada no libro do mesmo título de Xosé Neira Vilas, adaptada por Candido Pazó. Será no Coliseo Noela o 22 de febreiro ás 19.00 horas. As entradas xa están dispoñíbeis en Ataquilla.com.

Memorias dun neno labrego é un espectáculo baseado na obra emblemática de Xosé Neira Vilas. Dirixido por Cándido Pazó, Memorias dun neno labrego recupera a figura de Balbino, un personaxe clave da literatura galega contemporánea, para levar á escena unha serie de lembranzas que forman parte da memoria colectiva dunha Galicia rural marcada polo traballo, os silencios, as inxustizas sociais e os soños truncados. A montaxe, producida polo Centro Dramático Galego e Contraproducións, conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Santi Romay, Manuel Cortés, Federico Pérez Rey, Iris Darriba, Mónica García e Ana Santos, e combina emoción, humor e unha relación directa co público para achegar esta historia a novas xeracións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.