María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

02 Febreiro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio, arrancou con palabras de satisfacción por parte da rexedora: “Ribeira sinte un inmenso orgullo de poder contar cun elenco de deportistas coma vós”.

Sampedro aproveitou o encontro para trasladar o “compromiso firme” que ten o Concello de Ribeira co deporte local e os seus clubs que son, dixo, “o motor do éxito de todos vós”.

Así, foron nomeados os 20 ribeirenses entre os que se reparten os 14.000 euros destinados a esta convocatoria, na que se atopan representantes de diversas disciplinas, entre as que están o taekwondo, o kenpo, a vela, o atletismo ou a natación.

Engadiu que “desde o ente municipal, trabállase en mellorar e ampliar a proxección destas axudas e que a vindeira convocatoria poida tamén abrir a
posibilidade de participar ás disciplinas por parellas, nas que Ribeira ten bos exemplos na patinaxe, entre outras”.

Sampedro agradeceu “o esforzo, a disciplina e o traballo en equipo aínda falando de deportistas individuais” que se desenvolve no municipio, posto que se debe recoñecer que sen os valores que representa a aprendizaxe a través da xenerosidade e o compañeirismo os éxitos acadados serían moito menores. Os valores que aporta o deporte son fundamentais para a evolución das persoas, sobre todo nas idades máis temperás nas que se aprender o significado de compartir”, remarcou a rexedora.

A volta da Gala do Deporte no 2026

A alcaldesa aproveitou tamén a cita para anunciar a recuperación da Gala do Deporte de Ribeira “que leva anos sen celebrarse” e que se
levara a cabo a finais do presente ano, cando a maioría dos deportistas teñan pechadas as súas tempadas.

“É un xeito de recoñecer o traballo e o esforzo realizado, non só a nivel individual ou coma club, senón tamén a todas esas persoas que desde a sombra traballan arreo día a día para que o mundo do deporte non se pare; desde quen abre unha instalación ata quen asume a directiva dunha entidade sacando tempo da súa vida persoal”, apuntou Sampedro, quen animou a todos os deportistas do municipio a seguir demostrando o mellor de si mesmos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.