Manuel Iglesias foi elixido de novo mellor fotógrafo de vodas de España

23 Febreiro 2026

Manuel Iglesias, da familia dos históricos fotógrafos ribeiráns Lesmes (e de Lesmes Estudios), volveuno facer. Segundo puidemos saber, vén de ser proclamado por cuarta vez mellor fotógrafo de España na modalidade de vodas, no certame convocado novamente pola federación estatal de profesionais (a FEPF)).

Nos galardóns, que se entregaron este domingo 22 de febreiro na Coruña, tamén foi distinguida Flora Iglesias, irmá de Manolo, pola escolma de imaxes que achegou nas que se reflicte a súa heroica pelexa contra a enfermidade do cancro.

Polo que respecta á foto que inclinou a balanza a favor do fotógrafo de Ribeira, trátase dunha imaxe na que figura unha parella de noivos tras un veo bicándose na parte traseira dun vehículo.

Como lembraremos, Iglesias foi elixido mellor fotógrafo de vodas de España en tres ocasións anteriormente, nos anos 2019, 2020 e 2024.

Manuel Iglesias na súa imaxe de presentación en Facebook

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

Los sanitarios que eutanasiaron a Noelia son agentes ocultan su identidad por ese homicidio. No sólo por un pudor natural (pues era un acto ‘ob-sceno’, que sucede ‘fuera de la escena’ para privar ese horror a los espectadores), sino porque repugna aceptar la...

“Becerreá”. Xulio Xiz

“Becerreá”. Xulio Xiz

Neste país que vai para vello porque cara aló imos boa parte dos habitantes, para un pobo contar cunha residencia de maiores provoca a mesma ansia ca a que en tempos se experimentaba coa construción de colexios. Polo avance do calendario, cada ano precisamos maior...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.