Máis de 700 persoas participaron na Andaina Trabandainas de Noia

25 Febreiro 2026

Noia acolleu este domingo 22 de febreiro a I Andaina da Liga de Andainas 2026.

Máis de 700 persoas participaron neste percorrido dobre, con opcións de 15 km e 25 km, convertendo a vila noiesa na sede da primeira proba da Liga de Andainas organizada pola Federación Galega de Montañismo.

A iniciativa veu da man do Concello de Noia, o Club Trabandainas e a Federación Galega de Montañismo.

O Concello explicou que se trata dunha cita que combinou “sendeirismo, deporte, natureza e a posta en valor da nosa contorna”.

Como dixemos, a andaina formou parte da Liga Galega de Sendeirismo. Constará de dúas rutas, unha longa de 25 quilómetros e outra curta de 15, con punto de saída e chegada para as dúas no IES Campo de San Alberto.

O Concello agradeceu a implicación do Club Trabandainas polo “seu traballo e implicación, e por seguir apostando por actividades que fomentan hábitos saudábeis e dinamizan o noso municipio”.

O primeiro posto na categoría masculina foi para Juan José Balado Fernández, cun tempo de catro horas e seis segundos. En feminina a primeira foi Begoña Torrado Mariño, cun tempo de catro horas e 12 segundos. Os resultados xerais pódense consultar en liña ao completo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.