Máis de 1.000 deportistas participaron en Noia no Campionato Galego de Remo Ergómetro

16 Febreiro 2026

Estes domingo 15 de febreiro celebrouse en Noia, no Pavillón Municipal Agustín Mourís, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Ergómetro, un evento deportivo que bateu récords de asistencia e repercusión con máis de 1.100 persoas participantes.

Segundo informou o Concello de Noia, a xornada converteu Noia no epicentro do remo (en terra), reunindo deportistas, clubs e afeccionados nun ambiente espectacular.

A concelleira de Deportes, Sandra González, quixo felicitar ao Clube Mar de Noia pola “magnífica organización deste evento, que non só fomenta o deporte base e de competición, senón que tamén dinamiza economicamente e socialmente a nosa vila”.

O remo ergómetro, para quen non o saiba, consiste en practicar remo en terra, por medio de máquinas avanzadas que contribúen a impulsar a forma física das e dos deportistas coa vantaxe de non ter que sufrir as inclemencias climáticas provocadas polos temporais no mar.

Na categoría absoluta feminina, de 2.000 metros, a gañadora foi Gemma González Vicente, do Robaleira, con 7:13.80.

Na modalidade masculina absolta impúxose Artai Formoso, cun tempo de 6:18.00.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...