Investigan o asasinato dunha egua preñada e o roubo de sesenta cabalos na Serra da Barbanza

06 Febreiro 2026

Consternación no Barbanza tras a aparición dunha egua preñada morta a disparos nun monte da zona. O animal, propiedade do gandeiro Enrique Laranga, foi atopado cun tiro e coa cría sen vida ao seu lado, xa a piques de nacer. O suceso produciuse nas últimas horas nun contexto de continuos roubos de cabalos que afectan a diferentes criadores da comarca.

TVG

Ademais da egua abatida, Laranga denuncia o roubo de cinco animais máis —catro eguas de pura raza galega e unha mestiza—, o que supón un prexuízo económico importante. Outros gandeiros da zona aseguran estar sufrindo perdas semellantes.

En total, estímase que nas últimas semanas os gandeiros da área botaron en falta arredor de 60 cabalos, o que está provocando indignación e desesperanza entre o sector. “Se isto segue así, imos deixar o monte. Dan ganas de vender todo”, advirten os propietarios, alertando tamén das consecuencias ambientais que podería ter o abandono do pastoreo extensivo, clave na prevención de lumes.

A Garda Civil abriu unha investigación para determinar se detrás destes feitos se atopa un grupo organizado dedicado ao roubo de gando para a súa venda no mercado negro. As autoridades traballan sobre varias liñas de investigación, mentres os gandeiros piden máis vixilancia e apoio institucional para frear o que consideran unha “situación insostible”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.