Iníciase o envío de SMS na Área Sanitaria de Santiago e Barbanza para convidar a participar no Proxecto Xenoma

06 Febreiro 2026

A Xunta inicia este venres 6 de febreiro o envío de mensaxes SMS para convidar a persoas da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza coa finalidade de recoller 828 mostras de ADN no marco dunha nova fase do proxecto Xenoma Galicia.

Remítense máis de 5.000 convites. A través da aplicación SERGAS Móbil habilítanse 703 ocos para citas no Hospital Clínico de Santiago e 125 para o Hospital de Barbanza, dispoñíbeis para as primeiras persoas que confirmen a súa colaboración no proxecto.

A SMS inclúe unha ligazón ao portal web do proxecto para poder coñecer toda a información.

As citas abriranse a partir do día 23 deste mes de febreiro, de luns a xoves en horario de tarde. O persoal sanitario informará os participantes e levará a cabo unha extracción da mostra de sangue. Non será necesario acudir en xaxún.

Nos vindeiros meses ampliarase progresivamente a invitación ao resto de áreas sanitarias, ata chegar a 5.000 participantes de toda Galicia.

Coas mostras recollidas no marco do Proxecto Xenoma búscase identificar variantes de xenes relacionados con cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch e hipercolesterolemia familiar, ademais de nutrir o biobanco do proxecto e participar en estudos clínicos.

Neste momento, a primeira e a segunda fase piloto do proxecto permitiron 19 deteccións novas de variantes xenéticas de alto risco. En consulta, dependendo da variante detectada, infórmase das opcións de seguimento personalizado, de se deben facerlle probas a algún familiar e de hábitos de vida saudable que se poden seguir para diminuír o risco en caso de que, finalmente, apareza a patoloxía.

Este proxecto de investigación de medicina personalizada conta cun investimento do Goberno galego de 20 millóns de euros. Márcase como obxectivo recompilar o ADN de 400.000 persoas.

Por iso, pola porcentaxe de poboación incluída, Xenoma Galicia é un dos proxectos de maior envergadura do mundo. Permitirá predicir o risco de enfermidades antes de apareceren para poder anticiparse a elas e ofrecer tratamentos farmacolóxicos individualizados.

Isto porá a Galicia en primeira liña da investigación biomédica, ademais de ser un revulsivo para a industria biotecnolóxica e farmacéutica do país.

O proxecto Xenoma Galicia, coordinado pola Consellería de Sanidade e baixo a dirección dos investigadores da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica María Brión e Ángel Carracedo, contribuirá ao deseño de novos programas de prevención e detección temperá e personalizada. Ademais, establecerá as bases dun cribado xenético sustentable e equitativo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.