Iniciado o trámite de información pública do proxecto da senda peonil e ciclista de máis de 2 km entre Viro e Outes

22 Febreiro 2026

A Xunta anunciou esta semana pasada o trámite de información pública do proxecto da nova senda peonil e ciclista, de máis de 2 quilómetros, entre o núcleo de Viro e Outes, que suporá un investimento de 1,4M€. Así o detallou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que se achegou a este municipio xunto coa directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, acompañadas polo alcalde Francisco Calo.

A conselleira apuntou que a Xunta prevé aprobar o proxecto no primeiro semestre deste ano e licitar despois do verán as obras, que van ter un prazo de 12 meses, polo que o obxectivo é “que a senda estea rematada a finais do vindeiro ano”.

Sinalou que se trata dun novo itinerario peonil e ciclista de 2,3 quilómetros na estrada AC-550, que será co-financiado con Fondos FEDER.

Indicou que o itinerario unirá o núcleo rural de Viro e o centro urbano da Serra de Outes, e conectará coas beirarrúas existentes nos extremos.

De xeito máis concreto, a senda acometerase no treito desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 62+120 a 64+410.

Destacou que con esta actuación “dáse resposta a unha demanda da veciñanza desta área, xa que esta estrada conta cunha elevada intensidade de tráfico, 4.000 vehículos diarios”.

Remarcou que o obxectivo da intervención é “facilitar desprazamentos cómodos e seguros, camiñando ou en bicicleta, para a veciñanza, especialmente do Viro, e para os visitantes”.

Lembrou que a obra enmárcase na 2ª fase do Plan de Sendas da Xunta, que “permitirá desenvolver 120 km itinerarios seguros e sostíbeis nas marxes das estradas autonómicas”. Estas sendas, dixo, “sumaranse á rede de máis de 300 km xa executados polo Goberno galego nos últimos anos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.