Inaugurada en Ribeira a exposición “Escolma dunha vida” de Maite Bouzo

07 Febreiro 2026

Este venres 6 de febreiro inaugurouse a exposición da artista Maite Bouzo no CC Lustres Rivas de Ribeira, Escolma dunha vida, que se poderá visitar ata o 28 de febreiro de xeito gratuíto de luns a sábado.

A exposición inclúe unha trintena de obras diversas onde as cores, técnica e formato se combinan para mostrar paisaxes, personaxes, bodegóns ou retratos. Óleo, pastel, acuarela e debuxo que percorren a traxectoria desta artista ourensá afincada en Corrubedo.

A exposición Escolma dunha vida, en palabras de Maite Bouzo, “pretende ser unha mostra de pintura que recolle obras realizadas ao longo da miña vida, comprendendo pezas de moitos anos diferentes e incluíndo pinturas antigas dos meus inicios na miña cidade natal de Ourense, outras correspondentes á miña época en Vigo e máis recentemente, as elaboradas aquí nesta fermosa terra nosa de natureza salvaxe e amplos horizontes”.

A alcaldesa, María Sampedro, acompañou á artista, xunta á concelleira de Cultura Ana Barreiro e outros membros da Corporación Municipal no acto no que veciños e amigos, entre os que estaban o programador municipal de exposicións Unai González e á técnica de Cultura Sara García, arrouparon a esta creadora local.

Lembraron que ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse na III Mostra de Mulleres Creadoras, que terá lugar dende o 5 de marzo ata fináis de abril nesta mesma sala e da que se editará un catálogo coas obras participantes. Aquelas artistas que queiran participar deberán enviar un correo electrónico a culturaefestexos@ribeira.gal con foto da peza (calquera técnica), biografía da artista, texto sobre a peza e datos técnicos ata o 15/02. Animádevos!

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.