Ignacio Castro Rey estará en Boiro este venres para presentar a nova reedición de “Roxe de Sebes”

23 Febreiro 2026

O Centro Social de Boiro vai ser o escenario esta semana dunha nova presentación literaria: a presentación de reedición de Roxe de Sebes (mil días na montaña) de Ignacio Castro Rey, obra magna da literatura galega do ensaio filosófico, máis concretamente, do que se coñece como nature writing, a escritura na natureza. Será este venres 27 de febreiro no CS de Boiro, a partir das 20.30 horas. Organiza a Asociación Cultural Barbantia en colaboración co Concello de Boiro, a Libraría Nobel de Boiro, a Deputación e o xornal La Voz de Galicia. Contarase coa presenza de María Xesús Blanco, presidenta de Barbantia, o xornalista local Gonzalo Trasbach, e a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral.

Mil días en la montaña (Roxe de Sebes) documenta o tempo que Castro pasou lonxe da civilización, en pleno retiro, para atopar no máis recóndito dos cumios, abas e vales do Courel, os camiños que lle permitirían volver ao mundo (e levar con el, para sempre, as vivencias rexistradas entre o bosque, a neve e a súa cabana).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.