“Galicia viviu onte, desprotexida, o Día Mundial dos Humidais” – Antón Luaces

03 Febreiro 2026

Os humidais galegos teñen un alto valor estratéxico, ende ben a súa degradación é constante por mor da falta de protección e xestión efectiva, segundo denuncia unha outra vez a organización ecoloxista ADEGA, unha degradación evidente nas turbeiras do Barbanza que exemplifican a mesma a través dos hábitats clave fronte ao cambio climático. 

Precisamente onte, día da Candeloria (2 de febreiro) cumpríronse os primeiros 29 anos da declaración pola ONU desta xornada como Día Mundial dos Humidais co obxectivo de recoñecer a importancia crítica destes espazos. Porén en Galicia, moitos deles seguen degradándose malia estaren recoñecidos como figuras de protección.

Os humidais prestan servizos ecosistémicos esenciais á sociedade, son fontes de auga doce e alimentos, así como de hábitats e zonas de reprodución para moitas especies ameazadas. Protexen a humanidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos e son sumidoiros de carbono moi eficaces: as turbeiras almacenan arredor do 30% do carbono terrestre, o dobre que todos os bosques do mundo xuntos. Moitos destes humidais están ameazados por factores antropoxénicos como a contaminación, o uso insostíbel da terra, infraestruturas mal planificadas ou o cambio climático, aos que haberá que engadir o desleixo das administracións. 

Malia estaren incluídos no Inventario de Terras Húmidas de Galicia, un rexistro creado en 2008 e que actualmente incorpora 650 humidais (dos máis de 1.100  cataligados en 20093 polo IBADER), a realidade é que estes estratéxicos espazos carecen de protección efectiva e non digamos -sinala ADEGA- de xestión. A última agresión (que non a derradeira) atinxe ás turbeiras e  breixeiras húmidas dos Chans do Barbanza.

Nos humidais inventariados recentemente das Turbeiras do Barbanza leváronse a cabo distintas actuacións que afectan gravemente a unha importante superficie  de tremoais minerotróficos oligotróficos e queirogais húmidos atlánticos que gozan dun elevado valor ecolóxico, por canto resultan críticos para a conservación da biodiversidade, a regulación hidrolóxica e o cambio climático, alén de supoñer un valioso rexistro paleoclimático. 

Estas interaccións causaron unha evidente degradación destes humidais, debido ao descapado e subsolado do substrato baixo unha liña de media-alta tensión que deixou ao descuberto turba, feito que provocou a oxidación da materia orgánica e a liberación de CO2. Sobre estes fráxiles hábitats transitaron tamén vehículos pesados, o que contribuíu a intensificar a erosión, feitos estes que ADEGA trasladou á Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Augas de Galicia , esixindo a apertura dunha investigación e medidas cautelares urxentes para evitar unha maior degradación dos humidais afectados e actuacións de restauración que garantan a recuperación destes hábitats.

A máis de incluír os humidais nunha listaxe, debe garantirse, asegura ADEGA, a súa protección efectiva porque proxectos de parques eólicos, liñas eléctricas, minas e “Altris” varios declarados estratéxicos, seguen a ser a prioridade para a actual Xunta de Galicia. 

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.