Falece un home tras ser atropelado en Santiago de Compostela

26 Febreiro 2026

Un home faleceu esta tarde sobre as cinco e media en Santiago de Compostela despois de ser atropelado na Vía de Edison, na zona do Tambre O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia desprazado ao lugar tan só puido confirmar o pasamento do varón.

TVG

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse arredor das cinco e media da tarde, cando un particular contactou coa central de emerxencias para alertar dun atropelo que, segundo indicaba, podería revestir gravidade. Case de maneira simultánea, tamén o persoal sanitario comunicaba o suceso aos xestores de emerxencias.

De inmediato, desde o 112 Galicia deuse aviso á Policía Local, que xa tiña constancia do accidente. Así mesmo, foron mobilizados os Bombeiros de Santiago e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Malia a rápida intervención dos servizos de emerxencia, os profesionais sanitarios confirmaron finalmente o falecemento do home no lugar dos feitos. As circunstancias do atropelo están a ser investigadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.