Éxito en Lousame da charla sobre hábitos beneficiosos para a nosa saúde, que terá continuidade en vindeiras datas

25 Febreiro 2026

O auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave acolleu a charla Falemos de Hábitos Saudábeis, impartida por María Valiñas, enfermeira do centro de saúde de Lousame. Trátase da primeira sesión do programa Coidando Lousame, posto en marcha por iniciativa da propia Valiñas en colaboración co Concello de Lousame para tratar sobre diversas cuestións relacionadas coa saúde nunhas charlas gratuítas e abertas a toda a veciñanza.

María Valiñas foi presentada polo alcalde, Esteban Ares, quen lle agradeceu esta iniciativa para achegarlle á veciñanza unha serie de consellos e recomendacións fáciles de seguir e que teñen unha importante repercusión á hora de promover a saúde e na prevención de enfermidades como poden ser a diabetes, a obesidade ou a hipertensión arterial. Así mesmo, amosou a intención do Concello de que esta sexa a primeira doutras moitas iniciativas en beneficio da saúde e o benestar dos veciños e veciñas de Lousame.

Durante o seu relatorio, a enfermeira do centro de saúde de Lousame fixo fincapé en pequenos hábitos diarios que xeran unha gran diferencia na nosa saúde. Hábitos beneficiosos para a nosa saúde como durmir 7 o 8 horas, facer exercicio diario como camiñar, beber auga, alimentación nutritiva e boa para o noso organismo… Unhas rutinas que se van acumulando e que, xuntas, fan moito máis doada a vida das persoas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.