Este venres unha fronte deixará chuvias e descenso das máximas nas Rías Baixas e Compostela

26 Febreiro 2026

As comarcas das Rías Baixas e de Santiago afrontarán unha xornada marcada pola inestabilidade coa entrada dunha fronte polo oeste de Galicia, que deixará unha mañá de ceos cubertos e chuvias xeneralizadas.

Durante as primeiras horas do día, as precipitacións serán persistentes, especialmente no litoral atlántico e na área de Compostela. Co avance da tarde, a situación tenderá a mellorar de forma progresiva, quedando as chuvias en forma de chuvascos ocasionais e máis dispersos.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un moderado descenso, deixando unha sensación térmica máis fresca que en xornadas anteriores( 6-15 graos).

Os ventos soprarán moderados en xeral, de compoñente suroeste pola mañá, rolando a noroeste tras o paso da fronte, o que favorecerá a apertura de claros cara ao final do día.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.