Especialistas de prestixio analizan na Coruña novas olladas aos patrimonios marítimos da provincia

06 Febreiro 2026

O Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña acolle este venres 6 de febreiro a primeira sesión das xornadas Memoria entre mareas. Unha nova ollada aos patrimonios marítimos da provincia da Coruña, unha iniciativa enmarcada no programa Aulas Científicas A luz da ciencia, impulsado pola Deputación da Coruña, que continuará mañá sábado, 7 de febreiro.

A xornada inaugural reuniu especialistas de referencia de distintas disciplinas para abordar o patrimonio marítimo desde unha perspectiva plural e contemporánea, incorporando dimensións materiais e inmateriais ligadas ao traballo no mar, á memoria colectiva, á identidade, á paisaxe cultural e á creación.

O encontro propón unha reflexión interdisciplinar que amplía a mirada sobre os patrimonios costeiros galegos e incorpora enfoques sociais, culturais e educativos.

A apertura institucional contou coa intervención de Xosé Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, quen explicou que estas xornadas naceron da necesidade de “combinar a ciencia coa sociedade a través do propio patrimonio”, unha liña de traballo iniciada nas primeiras xornadas científicas celebradas en Dombate e que, malia a interrupción provocada pola covid, “chegaron para quedar como espazos de aprendizaxe, intercambio e participación”.

Penas lembrou que ao longo das distintas edicións se abordaron ámbitos como a astronomía, a meteoroloxía, a xenética, o feminismo e a ciencia ou o megalitismo, e sinalou que o patrimonio marítimo era «unha materia pendente», ao tratarse dun patrimonio que “por diversos motivos non sempre está tan presente para o noso ollo”.

O deputado de Patrimonio subliñou que as xornadas abordan o patrimonio marítimo desde múltiplos puntos de vista, comezando pola reivindicación da súa protección nun contexto no que, advertiu, “o patrimonio sofre continuamente desleixos ou directamente falta de protección”.
Tamén destacou a importancia de aproveitar foros como este para reclamar unha maior atención ao patrimonio marítimo, especialmente nun país “marcado polo territorio, polo mar e por todas as actividades relacionadas con el”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.