“Espanto”. Xulio Xiz

04 Febreiro 2026

Na actualidade tense endurecido a linguaxe policial e todas as actividades delictivas cualifícanse de criminais, aínda as económicas, cando os temas criminais estimábanse reducidos aos relacionados coas persoas, con danos mortais ou morais; violacións e pederastia. O noso ser de humanos ten moi claro o que responde á denominación de “crime”, con ou sen sangue.

O venres, revolvéuseme o estómago, alterándoseme órganos que non tiña conciencia de que existisen, ao ler que unha nena lucense foi prostituida pola súa nai durante dous anos, e o home que a violaba queixábase de que a nena chorase. Aínda agora ao escribilo, de xeito involuntario o meu estómase contráese sen ser quen de controlalo, porque a mesma natureza rexeita comprender algo así.

Xa que a xustiza atende razóns que o estómago non entende, os acusados van librar con algo menos de catro anos de prisión e unha indemnización, porque o mal xa está feito, a vida segue e hai que mirar para adiante.

Poderíamos pensar que habería que facer un escarmento que disuadise de cometer estes crimes, pero á vez hai que razoar que quen comete accións así non ten remedio posible, bótase fora da sociedade, e renega do xénero humano.

Non poido rematar seguindo consellos estomacales, e o cerebro pídeme calma. E se no mundo civilizado a vida humana é intocable, aínda que quen comete determinadas accións colócase nun nivel subhumano, a razón – o sentidiño – ten que impoñerse, e coidar que estas excepcións de subhumanidade non veñen máis que confirmar a regla xeral. Aínda que nos produzan un irrefrenable espanto.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.