“Entroido”. José Fernández Lago

18 Febreiro 2026

Hai algún tempo que ese vocábulo ou expresión emprégase a miúdo para referirse a unhas festas que xa non se circunscriben aos tres primeiros días dunha semana -domingo, luns e martes de Carnaval-, se non que teñen aspiracións de abranguer todo un mes, entre o Nadal e a Semana Santa.

Os medios do difusión van transmitindo aos cidadáns os nomes e as imaxes de vestimentas típicas dese tempo, en especial na autonomía galega: cigarróns e capuchóns, típicos de Verín; e noutras zoas da nosa rexión personalízanse figuras como a de A Raíña do Entroido, o Don Carnal e, en Santiago, o Meco. Ás vestiduras acompañan danzas e copiosos xantares, pródigos en carne.

O nome de “Entroido”, no telexornal deste domingo ás tres, deixouse escoitar unha morea de veces. Eu cuestioneime se as persoas que o pronunciaban terían coñecemento do que significa orixinariamente “Entroido”, e que se aplica a estas festas do Carnaval.

As persoas de certa idade, que polo mesmo escoitaban en latín as Misas ás que asistían hai moitos anos, coñecían que había uns versiños previos ao comezo da celebración de aquel día, equivalentes ao “canto de entrada” se a Misa era solemne. Nomeábanse como “o Introito”, do latín “introitus”, do ámbito de “introducir”, “entrar”, “intromisión”…, e moitos outros vocábulos que significan o “ir a dentro”. Para quen non estea familiarizado con eses termos procedentes do latín, non é doado saber “de que vai”…

Domingo, luns e martes de “Entroido” son os tres días que dan paso ao Mércores de Cinza, inicio da Coresma ou corenta días de preparación para a Pascua, a festa mais importante do cristianismo. Non estaría mal que, xa que se emprega ese termo, alusivo á entrada na Coresma, se indicara á xente cal é o seu senso: “Entroido”: entrada na Coresma, tempo litúrxico de preparación para a Pascua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.