En Outes o Concello convoca o XXX Certame Francisco Añón de Poesía

03 Febreiro 2026

O Concello de Outes, no marco do seu compromiso por “promover os valores creativo-literarios da nosa lingua”, organiza unha nova edición, a edición XXX, do seu Certame Francisco Añón de Poesía, un concurso que leva o nome do máis ilustre literato do concello, Francisco Añón, autor encadrado no Rexurdimento e un dos precursores da lingua galega e ao cal “queremos render homenaxe con este premio”, informou o Concello, engadindo que poderán participar neste certame todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 30 de marzo.

Quen precise consultar as bases da nova edición, tenas ao seu dispor na web municipal.

Haberá seis categorías.

Establécense as seguintes categorías e premios por idades:

-Categoría A: Nenas e nenos de 6 a 7 anos.

1º Clasificado: vale de 160 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría B: Nenas e nenos de 8 a 9 anos.

1º Clasificado: vale de 190 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría C: para nenas e nenos de entre 10 a 11 anos.

1º Clasificado: vale de 220 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría D: para rapazas e rapaces de entre 12 a 14 anos.

1º Clasificado: vale de 260 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría E: mozas e mozos de 15 a 17 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 500 euros e publicación da obra.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría F: maiores de 18 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 1.700 euros e publicación da obra gañadora.

Accésit: publicación da obra.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.