En Boiro, aberto o prazo de inscrición no concurso de disfraces e carrozas do Entroido 2026 que repartirá 4.600 euros en premios

09 Febreiro 2026

O Concello de Boiro celebra o vindeiro martes 17 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas do Entroido 2026, que repartirá 4.600 euros en premios. As bases para participar e toda a información está dispoñíbel na web municipal.

Como cada ano os premios contarán con tres modalidades: individual/parella, para maiores de 13 anos; grupos, que serán os formados por tres ou máis participantes maiores de 13 anos e cunha temática común; e carrozas, para aqueles grupos de catro ou mais persoas que conten cun aparello móbil conformado por unha ou varias plataformas “debidamente adobiadas acorde á temática do grupo”.

Para os premios o xurado valorará a estética, a orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena durante o desfile; as detalles da maquillaxe, vestiario, máscaras e demais complementos propios do entroido; a elaboración propia e o humor.

O desfile será o martes 17 de febreiro ás 18.00 horas con saída da praza de Galicia. Percorrerá a rúa peonil, Salvador Allende, rúa Principal e regreso á praza de Galicia onde haberá animación musical a cargo de DJ Matrek para a deliberación do xurado e entrega de premios.

Poderán participar neste concurso persoas físicas como xurídicas que formalicen a súa inscrición mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. As inscricións poderán facerse tamén de maneira presencial no Centro Social de Escarabote, mediante o teléfono 981 84 99 50 ou no enderezo electrónico leopoldo.portela@boiro.gal antes do xoves 12 de febreiro ás 13.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.